As
asembleas de Anova do sur de Lugo (Lemos – Chantada – Sober)
apoian a mobilización das traballadoras e traballadores sanitarios
contra os recortes, os copagos e a
privatización da sanidade pública galega e fan un chamamento á
cidadanía da área comarcal de Monforte
a manifestarse o martes, día 10 de decembro, ás 20 horas na praza
de España de Monforte.
Ademais,
Alfonso Piñeiro Díaz, voceiro do Grupo Municipal Nacionalista de
Chantada, presenta hoxe no pleno unha moción de urxencia solicitando
o apoio da corporación municipal a estas mobilizacións.
Apoiamos
a literalidade do manifesto de SOS Sanidade Pública a prol da
mobilización do 9 e 10 de decembro pola sanidade pública galega:
“A
Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando os servizos
sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas
económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras,
multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras
Chegou
o momento de articular unha grande alianza entre poboación e
traballadores/as da sanidade en defensa dunha sanidade pública de
calidade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal
accesible e de calidade.
Se
os/as afectados/as, que somos a maioría social e profesional, non
reaccionamos de xeito urxente, deica pouco o desmantelamento e
privatización da sanidade pública será irreversible, xa que a
Xunta transformaría os centros sanitarios en empresas privadas,
recortando o persoal, e obrigándonos a pagar pola asistencia
sanitaria.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario