Anova do Sur de Lugo propón aos concellos a creación de regulamentos de axudas de emerxencia social.
Trátase de dar resposta dende os concellos, a administración
máis próxima á cidadanía, á grave situación social que vivimos.
Tomado de: ytumas.wordpress.com |
En Galiza estanse a producir uns 17 desafiuzamentos ao día,
un drama, o das execucións hipotecarias, con responsabilidades políticas: as
administracións públicas desenvolveron unha lexislación que só promoveu o
acceso á vivenda en réxime de propiedade, marxinando outros xeitos de acceso á
vivenda como o aluguer ou a desgravación fiscal por compra. Engadindo a
inestabilidade e inseguridade dos inquilinos ante a lei de arrendamentos
urbáns, a desregularización do mercado hipotecario que permite hipotecas a 50
anos, a inexistencia dun parque público de alugueiro e a falla de control e
restricción sobre o crédito, empurrou a milleiros de persoas a endebedarse.
Se a este problema dos desafiuzamentos lle
engadimos outras medidas adoptadas pola Xunta de Galiza, como son, a redución
severa dos orzamentos sanitarios, a concesión da xestión sanitaria a mans
privadas, unha imposición de copagamentos, a externalización progresiva de
diversos servizos e actividades, ou as restricións no acceso aos servizos
sanitarios, o problema para a cidadanía agrávase poñendo en risco o seu futuro:
estamos nun momento de involución social e con numerosos colectivos sociais en
risco de exclusión.
A proximidade da Administración local coa cidadanía obriga
aos servizos sociais comunitarios a tentar dar unha resposta o máis rápida e
eficaz posíbel para resolver situacións carenciais que é necesario cubrir.
Por esta razón, Anova do Sur de Lugo, propón nos Concellos aumentar a
cobertura social coa elaboración de regulamentos de emerxencia social, que
inclúan medidas relacionadas cos problemas de uso e mantemento da vivenda,
tales como o aloxamento temporal ante emerxencias ou sinistros, desfiuzamentos
e situacións familiares moi graves, así como a cobertura dos gastos sanitarios
cando a situación o requira. Tamén, asesoramento legal aos afectados, programas
de mediación cos bancos para renegociar hipotecas ou alugueiros sociais,
ademáis de que o Concello retire os depósitos e créditos de bancos que
desahucien a persoas negando dende o goberno municipal a colaboración da
policía local nos procesos de desahucios das familias do Concello.
En Monforte, onde Anova apoia as iniciativas contra os
desafiuzamentos que as forzas políticas están a impulsar, a moción será
remitida a todos os grupos da corporación municipal.
Moción Emerxencia Social_