Anova-Irmandade
Nacionalista apoia a convocatoria de folga xeral para o día 14 de novembro e
participará activamente nas mobilizacións.
Anova
do sur de Lugo participará na manifestación de Monforte, que sae ás 19:30 horas
da praza de España, e anima a toda a cidadanía a manifestarse contra os
recurtes en sanidade e educación, contra os desafiuzamentos e contra o
sometemento dos estados aos ditados dos mercados, que empobrecen á maioría
social. A xornada de folga é extensiva a toda Europa, porque outra Europa é
posíbel, unha Europa social e dos pobos.
Anova-Irmandade
Nacionalista
Sur
de Lugo
asembleadelemos@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario