Comunicado das asembleas abertas de
Anova do sur lucense ante a abdicación do Borbón: unidade popular,
ruptura democrática por abaixo e procesos constituíntes nas nacións
do Estado!
As asembleas de Anova de Chantada,
Lemos e Sober apoian todas as concentracións e manifestacións
cidadás democráticas convocadas para hoxe, logo da abdicación do
Borbón, e animan á militancia e xentes demócratas a acudir ás
concentracións convocadas para esta tarde ás 20 h na praza de
España de Monforte e na praza do Cantón de Chantada.
Anova do sur de Lugo considera que é o
momento de unir forzas para propiciar unha ruptura democrática co
réxime saído da Transición, herdeiro do Franquismo. Cómpre acabar
coa podremia de todas as instancias do Estado – dende a Xustiza,
cada vez máis alonxada da xente, ata a corrupción das instancias
políticas e a sumisión dos poderes públicos ao poder financeiro,
que esmaga á xente -. A única vía para conseguilo é a democracia:
que a xente decidamos sobre todo o que nos afecta; que as nacións,
como a galega, decidamos o que queremos ser.
Por iso, animamos ás forzas políticas
e sociais democráticas das comarcas de Lemos e Chantada a amosar
altura de miras e unírmonos pola consecueción do poder popular.
Como sinalaba Anova hai medio ano, “cómpren novas alternativas
políticas, unha nova ferramenta dos e das nacionalistas galegas para
intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo
político propiciado polo activismo da cidadanía. A aposta do
nacionalismo, da esquerda e de calquera demócrata ten que ser por
unha creba democrática coa segunda restauración borbónica, nun
proceso protagonizado pola cidadanía e trasladado á instancia
política polas forzas rupturistas que realmente conecten con esa
cidadanía.
Na nación galega, un proceso constituínte impulsado polos cidadáns e cidadás galegas, pobo soberano, e trasladado á instancia política polo nacionalismo e por aquelas forzas que, sen seren nacionalistas, respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.”
Na nación galega, un proceso constituínte impulsado polos cidadáns e cidadás galegas, pobo soberano, e trasladado á instancia política polo nacionalismo e por aquelas forzas que, sen seren nacionalistas, respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.”
Anova de Lemos, Sober e Chantada.
2 – xuño - 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario