Nos
días pasados, as forzas políticas galegas de esquerda realizaron
reunións para poñerse de acordo en mobilizacións conxuntas a prol
do dereito a decidir sobre a forma de Estado.
A
pesares de estas xuntanzas ser exclusivamente de cúpulas partidarias
– e nin sequera se convocou a todas –, era un paso positivo cara
a necesaria unidade de acción de todas as forzas democráticas pola
ruptura democrática con este réxime político.
As
conversas non xeneraron un entendemento por arriba, pero a dinámica
social sí o está a propiciar por abaixo, con convocatorias
unitarias contra a Monarquía e polo dereito a decidir en diversas
vilas e cidadades do noso País.
Dende
Anova das asembleas de Lemos, Sober e Chantada facemos un chamamento
a todas as forzas políticas, sindicais e sociais, e a toda a
cidadanía das nosas comarcas para acudir a unha convocatoria
unitaria na fin de semana – propoñemos o sábado ás 20:30 horas –
coas reivindicacións que nos unen, que non é máis que esixir
democracia.
Para
iso, iniciamos conversas coas forzas políticas da comarca que
secundaron a mobilización do pasado luns para poñernos de acordo na
convocatoria unitaria. De non acadarse acordo, Anova tratará de
acudir a todas as mobilizacións cidadás que se convoquen e
coas que concordemos; ademais, propón convocatoria para o
sábado ás 20:30 h na praza de España en Monforte e
ás 20:30 h na praza do Cantón en Chantada, cos
lemas seguintes, que entendemos recollen unhas amplas reivindicacións
sociais pola democracia:
-
referéndum sobre a Monarquía.
-
dereito a decidir dos pobos.
-
procesos constituíntes dende abaixo.
Monforte
de Lemos, 6 de xuño de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario