Anova - IN Lemos quere facerse eco da denuncia formulada polos
alumnos e alumnas do Centro de Formación e Experimentación Agraria de
Monforte.
Este centro atópase
actualmente sen director e moi posiblemente algunhas das materias que
alí se dan queden sen profesores/as que as poidan impartir.
Lamentablemente, este caso non é único (hai outros centros de formación
agraria na Galiza en similares circunstancias) pero si é un exemplo
paradigmático da política educativa e social que está desenvolvendo o
Partido Popular dende a Xunta de Galiza. Isto e así porque a Xunta
investiu no noso centro cartos públicos para a súa remodelación o ano
pasado, e agora pretende que este cartos sexan desperdiciados
baleirándoo progresivamente de oferta educativa.
Ademais, o Partido Popular parece que pretende implantar un novo Ciclo de Viticultura na Ribeira Sacra que previsibelmente será impartido por unha institución privada mediante un concerto económico no canto de aproveitar este recinto público. O malgasto de cartos é así dobre.
Dende Anova - Irmandade Nacionalista Lemos preguntámonos que vai facer o PP monfortino ante esta situación. Xa sabemos que de acadar a alcaldía nas próximas municipais seguiría esta política de desleixo do público e dilapidación dos nosos cartos para o beneficio de certas empresas privadas.
Anova-IN Lemos

No hay comentarios:
Publicar un comentario