Antón Sánchez García presenta propostas de cambio para o rural galego fronte á resignación ao abandono que propón o Partido Popular.
“Galiza perde de media 10.000 habitantes anuais dende que goberna o señor Feijoo, e en parte esta crise demográfica, case sen parangón en Europa, é debido ao abandono do rural, e compre unha mudanza radical para evitar a perda de patrimonio que se produce a diario neste país” sinalou o deputado Antón Sánchez.
Pola contra sabemos que Galiza conta con grandes potencialidades neste contexto, para xerar futuro ao redor do fomento da agricultura de calidade, ecolóxica,das enerxías renovables, da explotación multifuncional do monte, e da mellora e rexeneración de vivendas abandonadas.
As alegacións ao Plan de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galiza 2014/2020 poden consultarse a seguir.
PRIMEIRA.--Lamentamos
a ausencia dun proceso previo de elaboración participativo cos
axentes implicados no desenvolvemento rural o que supón o
incumprimento do mandato europeo do principio de partenariado. Este
proceso de consulta cós axentes sociais e sectoriais aseguraría
unha maior coherencia nas medidas e unha implicación e colaboración
dos axentes implicados.
SEGUNDA.-Ante a
situación concreta do medio rural galego e a transcendencia dos
datos de despoboamento e abandono, bótase en falta unha estratexia
xeral no PDR, no que non se especifican nin atenden moitos dos retos
que afronta o rural galego, como o abandono do rural, o descenso da
poboación agraria, o descenso continuado da superficie agraria útil,
o abandono de grande parte da superficie de monte ou a falta dun
sistema eficaz de I+D+I e formativo.
O que se presenta é unha
serie de medidas desordenadas, inconexas, con pouca concreción e
sen ningunha estratexia clara.
Óptase por unha
continuidade crítica, cando os datos mostran que se debería
afrontar un cambio profundo, cando menos nalgúns aspectos da
política desenvolta nos últimos anos en Galiza.
TERCEIRA.-
Realízanse afirmacións non sustentadas na análise dos datos e
falta a análise sobre a evolución dalgunhos feitos (p.e. a
avaliación dos resultados dos servizos de asesoramento, ou a
previsión de incorporación de mozos e mozas agricultoras).
Maniféstase, por
exemplo, que "o éxito acadado na execución da medida de
cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e
tecnoloxías no PDR 2007-2013 alenta a continuidade no esforzo”, pero
non existe, ou non se nos informa dos datos nos que se basea para
afirmar esto. Fálase do éxito dos servizos de asesoramento pero non
se aportan os criterios e datos que levan a esa conclusión.
CUARTA.- Existe
unha insuficiente aposta financeira da Xunta de Galicia. O acordo
sobre o cofinanciamento do FEADER por parte da Xunta, cunha redución
do 50% na aposta orzamentaria das administracións con
relación ao período anterior, supón unha perda de 322 millóns de
euros, feito que, xunto aos tres factores arriba sinalados, non fai
máis que confirmar a falta de vontade política dos ocupantes da
Consellería cara o rural galego. Isto é máis evidente aínda cando
se compara co esforzo feito por outras comunidades autónomas ou
rexións europeas.
QUINTA.- Recoñécese
como un problema que Galiza conte cunha superficie agraria útil moi
inferior á media europea, inferior aos países do seu contorno e á
media do Estado español, pero non se introduce un plano claro para
mudar esta situación, cuestión que é moi preocupante porque a
pesar de que en anos anteriores a Xunta de Galiza tense manifestado
en similares termos, lembremos por exemplo o acordo do goberno galego
co sector lácteo de dotar ás explotacións gandeiras de base
territorial, nunca se levaron a cabo medidas efectivas para aumentar a
SAU.
Propoñemos que se fixe
un obxectivo mínimo dun incremento ate o 30 % da SAU.
SEXTA.- É moi
rechamante que neste documento non se analice o impacto que vai a ter a fin do sistema de cotas no sector lácteo previsto para 2015 e
se elabore un paquete de medidas para ese escenario, que debería
incluír medidas coma a anteriormente citada de mellora da base
territorial, medidas na transformación industrial e axudas
financeiras coa finalidade de amortecer estes efectos.
SÉPTIMA.- Os
datos aportados polo documento expresan que o 40% da poboación
agraria galega atópase entre os 60 e os 65 anos de idade, e que polo
tanto durante este período pasarán a ter a idade de xubilación.
Chama a atención que o obxectivo marcado para este período sexa a incorporación do 2,5 % das explotacións existentes.
O obxectivo que se marque para o período 2014-2020 non pode ser outro que, cando menos se manteña a poboación agraria, pero que aspire a incrementala.
Chama a atención que o obxectivo marcado para este período sexa a incorporación do 2,5 % das explotacións existentes.
O obxectivo que se marque para o período 2014-2020 non pode ser outro que, cando menos se manteña a poboación agraria, pero que aspire a incrementala.
O número de solicitudes
de incorporación de mozos e mozas (informe COAG) en España
experimentou un moi significativo incremento do 79% no ano 2012
respecto á media do período (2007-2011). Destacan crecementos como
o de Asturias (317%), Murcia (182%), Aragón e Rioja (140%) e
Castilla León (121%).
No caso de Galiza este
incremento foi dun 36%.
Os 67 Millóns de euros
presupostados no PDR 2014, tendo en conta a evolución das incorporación
nas rexións similares a Galiza e da media española, parecen
claramente insuficientes para unha estratexia que persiga cando menos
manter a poboación agraria.
No período anterior
(2007-2013) e cuns datos de incorporación de mozos moito máis
febles, o presuposto era igual ao deste período.
A política de
incorporación de mozos agricultores é, sen dúbida, a de maior
incidencia en todas as políticas transversais do PDR, e
especialmente importante para un territorio rural envellecido, con
explotacións pouco competitivas e sen incorporación de mulleres nin
renovación xeracional.
Este esperanzador
incremento pode ser unha das grandes oportunidades para cambiar a
tendencia regresiva e recuperar a vitalidade do mundo rural.
Compre elevar o obxectivo
de incorporacións e proporcionalmente o orzamento para esta partida,
e introducir medidas complementarias e necesarias para a
incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.
OITAVA.- En canto
á montaña, malia incrementar o montante total das ICM con respecto
ó período anterior, non se define ningunha estratexia para o
territorio rural máis castigado polo despoboamento, falta de
infraestruturas e servizos, envellecemento, masculinización,
diminución de explotacións agrarias, etc. As comarcas de montaña
teñen os índices máis críticos do rural galego (xa de por si
castigado) en calquera destes indicadores. A esto súmase a supresión
da cota láctea coa conseguinte liberalización do mercado para o ano
2015, o que supón unha especial ameaza para as explotacións
situadas na montaña e que non se reflexa na literatura do PDR e
moito menos nos seus presupostos, deixando a moitas explotacións de
montaña nunha situación aínda máis vulnerable de cara os próximos
7 anos.
Por todo isto, parecería
lóxico ter elaborado un subprograma temático para as zonas de
montaña dentro do PDR, como aconsella o regulamento 1305/2013 para
situacións especialmente delicadas. Ademais, a elaboración dun
subprograma permitiría incluír unha estratexia contra o lume a base
de fomentar a gandería extensiva.
NOVENA.- O
presuposto para o LEADER, a ferramenta de desenvolvemento rural máis
contrastada e apoiada pola Comisión Europea baixa á metade no caso
galego, cumprindo escasamente o 7,08 % obrigatorio. Se, como debería
de ser, continúan o mesmo numero de grupos asentados (31) o
presuposto medio de cada un sería de 450.000 euros anuais, que significaría a
imposibilidade material de sosterse tecnicamente os grupos, e como
consecuencia o programa xeral de LEADER (como referencia os 11 grupos
asturianos reciben de media 1 millón de euros anuais e os 16 de
Midy-Pyrinees reciben algo máis de 1 millón de euros anuais).
A este lastre
orzamentario hai que engadirlle os defectos xa detectados no período
anterior, en que se destaca a nula autonomía dos grupos, a extrema
burocratización (AGADER) e a falta de axilidade e liquidez para a
provisión dos fondos comprometidos. En muitos casos os grupos
estiveron sen cobrar os fondos de xestión do grupo, e as axudas para
proxectos inversores quedaron conxeladas nas oficinas de AGADER ata
obrigar a renunciar aos proxectos por parte de moitos inversores.
O PDR debería aplicar
o MULTIFONDO (plurifondo) na Metodoloxía LEADER e incrementar as
posibilidades de que en base a un programa de acción se dirixisen os
fondos con maior autonomía dende cada grupo.
Que dende os grupos se
defina unha estratexia que focalice os esforzos en determinadas liñas
de actuación, evitando que as axudas se convertan en choiva fina sen
capacidade de transformar a realidade dos territorios.
Deberíase eliminar a
prohibición de que se financie con esta liña de axudas a produción
agraria primaria.
DÉCIMA.- Nun eido
que se considera fundamental para a consecución dos obxectivos de
mellorar o valor engadido dos produtos agroforestais, a reconversión
a unha agricultura sostible, o éxito das incorporacións de xente
moza, o I+D+i e Formación, Galiza conta con seis centros de
investigación agraria e forestal e dous campus agrario e forestal,
así como 67 oficinas comarcais. Toda esta rede de apoio á formación
de técnicos e agricultores so recibe ao redor de 28 M€, inferior
ao presupostado no período anterior, co que xunto coa política de
constante reducción de persoal e medios que a Xunta de Galicia ven
realizando, lévanos á imposibilidade de cumprir cos obxectivos que
se din perseguir, como son o da mellora da competitividade e aumento
do valor engadido dos produtos.
Tampouco se corrixe o
dato que se menciona sobre o feito de que Galiza está moi por
debaixo da media europea e española en inversión neste campo.
En canto ao asesoramento,
non existe unha análise que avalíe os resultados do sistema
privado de asesoramento para tomar decisións en base a este
análise.
En base á experiencia
previa, concluímos que só o asesoramento público será capaz de
cumprir cos obxectivos que se din perseguir, polo que debería
incluír explicitamente a intención de reforzar o sistema público
de asesoramento a través das Oficinas Agrarias Comarcais.
Débese explicitar o
fortalecemento da investigación e formación agroforestais públicas
para o período 2014-2020, dando un xiro de 180grados ás políticas
de debilitamento e desmantelamento dos últimos anos. Sen o
fortalecemento destes tres factores non hai futuro posible no rural
galego.
UNDÉCIMA.- Na
medida oito que incide no modelo forestal, as propostas concretas non
se corresponden cun modelo que aumente o valor engadido das
producións, a sustentabilidade, conservación da biodiversidade e da
fertilidade dos solos.
As axudas do novo período
deben de enfocarse cara unha xestión sustentable e multifuncional do
monte, eliminando as axudas aos monocultivos do eucalipto, ou
especies de crecemento rápido para biomasa, ou pasta de papel, xa
que non son cultivos sostibles dende un punto de vista ecolóxico, e
non achegan valor engadido e son pouco creadores de emprego e
fixación no medio rural.
Interfiren negativamente
con outros sectores fundamentais non futuro do rural coma o turismo,
ou a agricultura familiar.
Deberanse dirixir as
axudas cara madeiras de calidade compatibles e complementarias coa
actividade agraria e turística.
Tería que haber unha
programación onde paulatinamente se reducisen os gastos en extinción
e aumentasen na mesma medida os gastos en programas de mellora do
monte.
Non se diferenza, dentro
do orzamento das medidas, o que se vai a destinar a prevención e o
que se destinará a extinción.
Parece ser que unha vez
máis apóstase pola continuidade de gastar cada vez máis en
extinción, en lugar de remover os factores estruturais que provocan
que os lumes sexan un gran problema de Galiza.
Deberá de haber unha
aposta máis importante ao silvopastoreo.
DUODÉCIMA.- Na
medida 10 de axudas agroambientais deberanse incrementar os módulos
de axudas por ha nun 50%.
UNDÉCIMOTERCEIRA.-
Polo potencial de crecemento que ten a agricultura ecolóxica en
Galiza, cremos que o orzamento é insuficiente si se quere facer
unha aposta importante por este tipo de agricultura que encaixa cos
obxectivos ambientais, climáticos, valor engadido e creación de
emprego.
No manexo sostible dos
pastos eliminar o mínimo estabelecido de 10 has, xa que é moi
elevado para as características das explotacións galegas.
Incluír no listado de
razas autóctonas a galiña piñeira.
A axuda para reconversión
é manifestamente insuficiente, ao igual que os módulos, que non
están proporcionados á intensificar a actividade.
Como exemplo sinalar que
ningunha explotación en ecolóxico de fruticultura, horticultura e
viticultura chegaría sequera á metade do máximo que se establece.
UNDÉCIMOCUARTA.-
Consideramos que o desenvolvemento de actividades económicas non
agrarias son importantes para complementar no rural o tecido
económico, pero incluír no PDR axudas para o establecemento de
actividades empresariais non agrarias, o que é en realidade é
desviar fondos do PDR para cuestións que deben de ser financiadas
con cargo a outras partidas, e é un xeito de reducir os fondos para
desenvolvemento rural.
UNDÉCIMOQUINTA.- Medida
7.2. O PDR non debe ser a vía de financiamento para a administración
local na prestación de servizos obrigatorios, posto que se trata de
fondos de segundo piar da PAC. Deben ir con cargo a fondos Feder ou a
outro tipo de programas.
Na medida 7.6 de
Patrimonio cultural e natural, novamente pretenden desviarse os
fondos do desenvolvemento rural para cubrir a diminución de fondos
das administracións públicas, desvirtuando os fins e obxectivos do
mesmo. O mesmo acontece nas seguintes submedidas de Planos de
desenvolvemento local e servizos locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario